Título
|
Xénero
|
Productor
|
Guionista
|
Ano
|
El juego de la
muerte
|
Documental
|
Christophe Nick
|
Christophe
Nick
|
2010
|
domingo, 13 de marzo de 2016
EL JUEGO DE LA MUERTE
Documental
O
documental trata dun experimento levado a cabo en Francia para
determinar o poder que chega a ter a televisión sobre a xente. Todo
basease nun concurso televisivo no que os suxeitos aplican descargas
de voltios dañinas sobre o outro participante. O que os concursantes
no saben é que as descargas son falsas e o outro concursante é un
actor. O curioso é que o 80% chegou ata o final do programa pese a
saber claramente que o seu compañeiro estaba sufrindo danos. Isto
demostra o poder e a autoridade que ten a televisión e o obedientes
que son os seres humanos cando senten un poder superior a eles.
O
proceso consta do seguinte: primeiro unha selección de candidatos
para participar, logo se lles explica a cada un o que vai a facer. O
candidato faraille preguntas ao outro concursante (que se trata dun
actor contratado), se o seu compañeiro falla, os que realizan a
pregunta deberán aplicar unha descarga eléctrica ao desafortunado
compañeiro. A potencia das descargas aumenta gradualmente ata chegar
aos 460 voltios. O que fai as preguntas ten a última palabra para
plantarse, se non o fai, supostamente gañan un millón de euros).
En
definitiva, a TV goza dun poder autoritario enorme e os humanos cada
vez actuamos máis coma subordinados que coma persoas.
Fontes
PRODUCTOR
CRISTOPHE
NICK
Quen
é? Cristophe Nick é un xornalista, investigador e ensaísta e
realizador francés que destacou pola súa labor de elaborar
documentais para a televisión.
Que
representa? A súa primeira experiencia laboral foi en 1980 para a
revista “Rock'n Folk” . Despois transladouse á revista “Actuel”
como enviado especial para o peche definitivo do periódico, en 1994
.A partir de 1989 comezou unha larga colaboración Pierre Péan .
Xuntos foron os autores dalgúns documentais de investigación : "L'
affaire des Irlandais de Vincennes , “téléphoniques Les écoteus”
y “Le fisco”. En 2006 fundou a súa propia compañía de
produción documental chamada “Yami 2”. En abril de 2009 el era o
autor e produtor do documental-reality “El juego de la muerte”,
onde reanudou o experimento de Milgram, de 1961.
Que
di no documental? Explica no documental que a televisión ten un
poder aterrador, Nick admite que cando este medio de comunicaciónb
decide abusar do seu poder, a televisión pode facer calquera cousa a
calquera persoa.
CIENTÍFICOS
JEAN-LÉON
BEAUVOIS
Quen
é? É un psicólogo social e profesor de universidade francés.
Que representa?
Jean-Léon Beauvois desenvolveu as súas
investigacións no ámbito da psicoloxía clínica e da psicoloxía
social experimental. Na universidade, ocupou postos docentes e de
direción de varios grupos de investigación. Na actualidade disfruta
da súa xubilación ampliando as súas análises ás ciencias sociais
e á análise política, algo que queda patente tanto no seu último
libro (Les illusions libérales, individualisme et pouvoir social,
Grenoble, Presses Universitaires de Grenoble, 2005) como na
conclusión escrita para a edición en castelán do seu Tratado da
servidume liberal: análise da sumisión (Madrid, La Oveja Roja,
2008), Beauvois presidiu importantes asociacións profesionais,(ARIP
: Association pour la Recherche et l’Intervention
Psychosociologique ; ADRIPS : Association pour la Diffusion de la
Recherche Internationale en Psychologie Sociale) e dirixiu durante
varios anos a Revue Internationale de Psychologie Sociale. Tamén
creou e dirixiu a coleción «Vies Sociales» das edicións de
Presses Universitaires de Grenoble.
Que
di no documental?: As palabras maís importantes que pronunciou con
referecia ao documental foron as seguintes: “Temos tendencia a
pensar que os actos infames os levan a cabo xente infame” pero “é
un error fundamental de atribución”, asegurou o experto en
psicoloxía social Jean-Léon Beauvois. Segundo demostró Milgram
pódese facer que xente totalmente normal faga cousas horribles ao
poñela en situacións horribles.
DOMINIQUE
OBERLE
Quen
é? Dominique Oberle é unha profesora
de psicoloxía social na universidade de Nanterre, en París.
Que
máis representa? Actualmente estase traballando na validación dos
coñecementos producidos polo grupo. Paralelamente ao seu traballo de
profesor-investigador actuou como formador e consultor en moitas
organizacións e empresas. Un libro en relación co documental:
Beauvois,
J.-L., Courbet, D., & Oberlé, D. (2012). The prescriptive power
of the television host. A transposition of Milgram's obedience
paradigm to the context of TV game show.
Que di no documental? No documental trata o concepto do estado axéntico e as conclusións finais do experimento.
DIDIER COURBET
Quen
é? Didier
Courbet é profesor da Universidade, especialmente na enseñanza da
Facultade de Medicina (CHU Marsella) e a Escuela de Periodismo y
Comunicación (EJCAM). Seguiu unha doble formación en Psicoloxía
Experimental (cognitivo, social) e a comunicación tanto teórica
como profesional.
Que
máis representa? Foi investigador no Instituto de Investigación
IRSIC, onde é o director Adxunto e profesor asociado da Universidade
de Laval en Canadá e GPCR (Quebec). Especializouse no estudo das
interaccións entre os seres humanos e a tecnoloxía da información
e as comunicacións en dúas zonas con fortes problemas sociais,
económicos e de saúde.
Que
di no documental? Simplemente
se especializou máis no seu estudo das interaccións entre ser
humano e tecnoloxía da información e comunicacións e nos seus
estudos sobre psicoloxía experimental .
Trata
o carácter dos concursantes e como reaccionan ante as diferentes
situacións. Mostra que todos teñenn esixencias emocionais e que
caando chegan a xogar teñen que xestionar os factores xa que, na súa
opinión, o que lles afecta moito é que saen por primeira vez na
televisión e polo tanto establecen prioridades nos seus valores.
YVES
JEANNERET
Quen
é? Yves
Jeanneret , nacido en 1951 , é un profesor universitario en ciencias
da información e comunicación . El lidera a "Innovación en
comunicación e medios " púlpito de Celsa París ou CELSA.
Que
máis representa? Despois de se formar a partir da École Normale
Supérieure (1972). Yves
Jeanneret comezou a súa carreira na universidade e na escola como
profesora de literatura. Converteuse en profesor da Escola Nacional
de Telecomunicacións, onde creou e dirixiu o departamento de
"formación humana". Despois de ensinar na Universidade de
Lille III "Charles de Gaulle", dirixiu o grupo de
investigación Celsa (GRIPIC), leva 2002 a 2005, vice-director da NCH
Lalic (París-Sorbonne University - CNRS), logo asume a
responsabilidade pola mención master "estratexia de
desenvolvemento cultural" da Universidade de Avignon, retornou
en 2010 a Celsa para participar no desenvolvemento educativo e
científico.
Participou
na emisión deste documental publicándoo en “La
Noche Temática”.
INVESTIGADORES
OLIVER CODOU
Quen
é? Olivier Codou é un investigador francés que participou no
documental “El juego de la Muerte”.
Que
representa? Ten o doctorado en psicoloxía. Traballou na Universidade
de Niza Sophie Antipolis.
Algúns
dos seus libros que teñen relación co documental son:
Ideological
priming and normative dimensions of individualism, 2011 (Número 92)
Revue
internationale de psychologie sociale, 2012 (Toma 25)
JULIEN
INTARTAGLIA
Que representa? Nos seus libros plasma estudos de psicoloxía social.
Julien Intartaglia é Doutor en Ciencias da Comunicación da Universidade de Aix Marseille. Gañou experiencia en publicidade (varias axencias, incluíndo Publicis) e xestión de proxectos de investigación de marketing de varias autoridades pemes e públicos en Suíza (Institut d'Etudes ERASM Xenebra).
El é o autor de varias publicacións científicas e profesionais, e participou en moitas conferencias internacionais. O seu primeiro libro sobre técnicas de publicidade e persuasión foi lanzado en decembro de 2013 por Editions Deboeck. El acaba de asinar un segundo libro “Generations Pub: neno ao adulto, todo baixo a influnecia”, que acaba de ser publicado en xaneiro de 2015.
AMANDINE TONELLI
Instituto
de ciencias da comunicación, de medios e de xornalismo de Xénova. E
tamén Instituto de investigación en ciencias da información e da
comunicación d'Aix-Marseille.
DAVID
VAIDIS
Profesor
de Universidade en Orléans. Publicou
un libro no que fala sobre o experimento de Milgram: Vaidis,
D., & Codou, O. (2011, à paraître). Milgram du laboratoire à
la télévision : enjeux éthiques, politiques et scientifiques.
Cahiers Internationaux de Psychologie Sociale, 92, xx-xx.
DOCUMENTALISTA: CHRISTINE
LOISEAU
INFOGRAFÍA: ELODIE MAILLARD
Antecedentes
O
xogo da morte é un documental Francés que se levou a cabo o 2010
para demostrar ata onde chega a obediencia das persoas ante unha
autoridade imposta, tratando sobre todo o ámbito da televisión e o
seu poder. Pero este documental non é o primeiro que trata este
tema, senón que anteriormente xa se realizaron experimentos
similares que en certo modo foron o motivo de porque se levou a cabo
dito experimento. No propio documental, ao comezo, aparecen unha
serie de segmentos de diversos programas onde se mostra o tema
principal do experimento e, a propia finalidade deses programas,
poderíase entender como unha das principais razón polas que se
levou a cabo.
Entre
eses destacamos:
CONCURSOS
XAPONESES E PROGRAMAS DE MTV
Uns
dos programas que se mostran no documental son os que se emiten en
Xapón. Nestes programas utilizan un gran número de probas nas que o
resultado negativo era castigado exercendo algún tipo de dor ao
concursante, ou nos que se exerce dor porque esa é a propia dinámica
do xogo.
No
propio documental aparecen diversas imaxes onde se poden ver a
distintos concursantes os cales ou ben os fan meterse nun tanque de
auga fervendo, comer alimento en chamas, entre outras cousas.
Por
outra parte, o documental tamén fai unha pequena referencia a un
tipo de programa que era emitido na MTV onde se mostraban unha serie
de vídeos de caídas reais, ensinándoas coa finalidade de facer
rir.
DERREN
BROWN E A RULETA RUSA
FUNCIONAMENTO
A
proba que tiña pensado facer Derren Brown era escoller a unha persoa
ao azar do público para que colocara a bala na arma, posteriormente
este diría un número do un ao seis e segun Brown el mesmo
conseguiría adiviñar en qué sitio colocara a bala, simplemente
escoitando a voz do espectador.
O
programa foi retransmitido por Channel Four en Reino Unido, e aínda
que ao principio tíñase pensado retransmitilo totalmente en
directo, decidiuse finalmente que se mostraría cuns minutos de
retraso por se o xogo saíra mal, dado que o canal de TV non se
quería facer responsable dunha morta en directo.
Finalmente
o mago xirou o tambor e apretou o gatillo, sen obter ningún rasguño.
Esta
especie de espectáculo trouxo consigo unha gran cantidade de
críticas e denuncias pero a pesar de todo iso o programa conseguíu
unha audiencia destacable de entre seis e doce millóns de
espectadores, estando os números máis altos xusto no momento no que
o mago aprieta o gatillo.
ANATOMÍA
PARA PRINCIPIANTES
FUNCIONAMENTO
O
programa consistía nunha especie de clases de anatomía televisadas
onde se empregaban verdadeiros cadáveres aos que se lles realizaban
diferentes operación, feitas polo propia doutor mencionado e cos
seus axudantes, ensinando os diferentes pasos a seguir.
O
programa era emitido os sábados pola noite e era dirixido,
principalmente, aos estudantes de menciña.
Cabe
destacar que os corpos que se empregaban estaban inscritos a un
programa de donantes de corpo e o propia doutor constaba dun
consentimento para a educación pública de anatomía que as propias
persoas cuxos corpos son empregados firmaran, incluíndo ademais, a
demostración pública dos corpos e polo tanto a capacidade de poder
gravar e mostras as operacións.
O EXPERIMENTO DE MILGRAM
Experimento
de Milgram: la obediencia a la autoridad.
Este mesmo experimento menciónase no documental tomándoo como
exemplo a seguir empregando os datos que se recolleran desde que se
iniciou no 1961 a modo de referencia e tamén para comparalos cos
posteriores recollido no 2010.
ORIXE:
O
experimento levouse acabo nos anos 60 polo psicólogo Stanley
Milgram. O experimento en sí xudeu a raíz dos feitos que ocorreron
na segunda Guerra Mundial, é dicir, as masacres dos xudeus (entre
outros) por parte dos camaradas nazis os cales aseguraban que “só
cumprían ordes”. Esta frase aparecía continuamente nos xuízos
xudeus que se realizaron posteriormente a modo de quitarse ou
liberarse da culpa polo actos que cometerán. Deste modo móstrase o
gran poder que teñen as normas e a gran capacidade de obediencia
das persoas, pero para converter isto en algo oficial, levouse a cabo
dito experimento. Pero o motivo principal polo que se levou a cabo o
experimento foi a seguinte pregunta: ¿Canto
tempo pode alguén seguir dando descargas a outra persoa si se lle di
que o faga, incluso se crera que se lle poden causar feridas graves?
FUNCIONAMENTO:
De
todos estes programas e experimentos o que máis destaca non é
soamente a maneira na que se tratan aos concursante ou as imaxes que
aparecen, senón a gran popularidade que acadan, a actitude de
diversión que presentan os espectadores, tanto o público presente
como os que o ven desde os seus televisores.
Outros experimentos sociais relacionados
O EXPERIMENTO DE MILGRAM
Éxiste unha película documental chamada The Tenth Level (1976), dirixida por Charles S. Dubin e basada íntegramente no experimento de Milgram. Acontece o mesmo cunha película moi recente, titulada Experimenter e dirixida por Michael Almereyda que foi estreada nos Estados Unidos en 2015.

DIE WELLE (LA OLA)
É una película alemana está en 2008 e dirixida por Dennis Gansel. O seu guión está basado na novela de Tod Strasser, de nome similar, inspirada nun experimento que realizou un profesor de historia, Ron Jones, en 1967. Durante 5 días Jones trataría de explicar o que é unha autocracia e ensinarlles vivencialmente aos seus estudiantes como había sido posible que nunha sociedade libre se puidera chegar a transformar nun réxime fascista. Levaría a cabo o seu experimento sin que os alumnos o supesen, introducindo pouco a pouco valores de autoridade cara un líder (que era o profesor), forza comunitaria, disciplina, orgullo, etc. Comezaron a vestirse igual, a mostrar culto ao réxime e ao líder, multiplicando cada vez máis alumnos, que se foron incorporando extrapolando esa nova realidade fora das aulas. O experimento foi un éxito e demostrou a facilidade que teñen incluso as sociedades libres e abertas ao atractivo de ideoloxías autoritarias e dictatoriais alertando da importancia da democracia.

DAS EXPERIMENT (EL EXPERIMENTO)
É una película alemá estreada no 2001 e dirixida por Oliver Hirschbiegel. O guión está basado no libro de Mario Giordano, The Black Box, inspirado no experimento do cárcere de Standford, realizado e liderado por Philip Zimbardo en 1971. O experimento consistía en reunir nunha prisión ficticia a unhas 20 personas, escollidas e distribuidas ó azar entre presos e gardas. Zimbardo estaba tratando de mostrar o que sucedía cando un ser humano era despoxado de individualidade e dignidade baixo unha vida completamente controlada. Quería mostrar a deshumanización e a desarticulación dos valores sociais e morais que os gardas podían acadar inmersos nesa situación. Un experimento que ía a durar aproximadamente dúas semanas e que fora de todo pronóstico comezaría a dexenerar rapidamente e evidenciar un descontrol inhumano que lograría finalizar co estudo á semana de emprendelo. Os prisioneiros sufriron unha ampla gama de humillacións e castigos por parte dos gardas e moitos comezaron a mostrar signos de dor mental e emocional. Por outra parte empezaron a organizarse, a facer disturbios en masa e a porse en contra dos gardas. Todo dexeneraría nun caos total.

O EXPERIMENTO DE ASCH (1951)
Solomon Asch realizou unha serie de experimentos sobre a conformidade e a presión e poder dos grupos. No experimento participaban unha serie de estudantes dos cales todos eran cómplices menos un, nunha especie de proba visual. Esta proba consistía en que os participantes tiñan que determinar o tamaño dunhas liñas que estaban debuxadas comparando unhas con outras. Os cómplices nun principio responderían en unanimidade a resposta correcta xunto a persoa inocente, pero posteriormente os propios cómplices optarían por escoller respostas incorrectas en conxunto para poder observar a reacción do participante. O 75% dos participantes sometéronse á presión do grupo e escolleron respostas similares pese a que chocara coa súa opinión, polo que existe unha aceptación publica da resposta común, pero non privada.

O EXPERIMENTO DE ELLIOT
En 1968 unha maestra de primaria decidiu levar a cabo un exercicio pedagóxico para os seus alumnos despois da morte de Martin Luther King. Tratábase dun experimento basado na categorización social e o seu obxectivo principal era concienciar ao alumnado dos efectos da discriminación, tanto os que a padecen, coma os que a exercen. Jane Elliot dividiu aos alumnos en dous grupos, os que tiñan ollos azuis, e os que tiñan ollos marróns. A profesora díxolle aos alumnos de ollos azuis que eran superiores aos de ollos marróns. Co tempo e despois de moitos privilexios (cinco minutos extra de recreo, xogos exclusivos nos que os de ollos marróns non poden participar etc.), os alumnos de ollos azuis discriminaron aos seus compañeiros e melloraron o seu rendemento nas clases. The Eye of the Storm é un documental televisivo de 1970 que trataba sobre o dito experimento, narrado por Bill Beutel e dirixido por William Peters.

Conclusión
Podemos
concluir en que o ser humano non ten unha capacidade tan grande de
autorregulación e autodeterminación, non só ante a presión
social, senón ante calquera autoridade. Podemos deducilo non só no
experimento de Milgram, senón tamén no de Asch. Este tipo de
experimentos xa lle interesaban á sociedade dende que Hannah Arendt
catalogou como “vanidad del mal” o comportamento de algúns
militares nazis ao decir que tan só “cumprían ordes”. En moitas
ocasións, o xuízo dunha persoa non coincide co da súa autoridade
ou grupo social, e sen embargo cede, aceptando outros valores
exteriormente, e negándoos para sí. Quizais neste caso temos que
prestar atención aos medios de comunicación, especialmente a
televisión. É un ámbito moi lonxano para a maioría das persoas
porque non é fácil comprendela, entender o que hai detrás, e polo
tanto pode chegar a idealizarse. Quizais ao tratarse de un medio
unidireccional que envía constantemente mensaxes ao suxeto sin que
exista a posibilidade de replicar ou de contestar ás preguntas que
éste poida facer, as persoas poden interpretala indirectamente como
unha especie de “autoridade”. É un medio moi distante porque non
todos poden compréndelo en profundidade e moito menos controlalo
pero cercano a nivel superficial pois é un medio relativamente fácil
de consumir. O concepto de autoridade e presión social está moi
presente no Xogo da Morte; a presentadora, as cámaras, o
programa en sí, o público etc. Cando algo é tan descoñecido, as
persoas son máis susceptibles de ceder ante unha autoridade, non hai
máis que remontarse á historia, onde a ignorancia sempre foi un dos
grandes pilares para dominar as persoas.
Bibliografia (ISO 690:2010)
El
Mundo.
“El juego de la muerte”, una demostración del poder de la TV.
2010. [Consulta: 07-03-2016.] Dispoñible en:
http://www.elmundo.es/elmundo/2010/03/16/television/1268762717.html
Microcambios.
El juego de
la muerte: documental sobre la TV.
2013. [Consulta: 07-03-2016.] Dispoñible en:
http://microcambios.com/2013/10/22/el-juego-de-la-muerte-documental-sobre-la-tv/
The
21 magazine. El
juego de la muerte: televisión y obediencia. 2014. [Consulta
07-03-2016.] Dispoñible en:
http://the21magazine.es/el-juego-de-la-muerte-television-y-obediencia/
Psyblog.
Why We Do Dumb or Irrational Things: 10 Brilliant Social Psychology
Experiments [en liña]. [Consulta: 09-03-2016]. Dispoñible en:
http://www.spring.org.uk/2007/11/10-piercing-insights-into-human-nature.php
Metal_Floss.
10 Famous Psychological Experiments That Could Never Happen Today [en
liña]. [Consulta: 09-03-2016]. Dispoñible en:
http://mentalfloss.com/article/52787/10-famous-psychological-experiments-could-never-happen-today
Recursos
de autoayuda. 3 películas sobre
inquietantes experimentos sociales que no puedes perderte [en liña].
[Consulta: 09-03-2016]. Dispoñible en:
http://www.recursosdeautoayuda.com/experimentos-sociales/
Youtube.
“El juego de la muerte”. [en liña]. Dispoñible en:
https://www.youtube.com/watch?v=64cuhc3vx5A.
Wikipedia.
Christophe Nick [en liña]. [Consulta: 13-03-2016]. Dispoñible en:
https://fr.wikipedia.org/wiki/Christophe_Nick
Wikipedia.
Jean-Léon Beauvois. [en liña]. Dispoñible en:
https://es.wikipedia.org/wiki/Jean-L%C3%A9on_Beauvois
Blogspot.
Vortice inmediaista. [en
liña]. Dispoñible en:
http://vorticeinmediaista.blogspot.com.es/2011/02/el-juego-de-la-muerte-documental-sobre.html
Wordpress.
El punto de mira. [en liña]. [Consulta: 13-03-2016]. Dispoñible en:
Babelio.
Dominique Oberle. [en liña]. [Consulta: 13-03-2016]. Dispoñible en:
http://www.babelio.com/auteur/Dominique-Oberle/59425
Irsic. Didier Courbet. [en liña]. [Consulta: 13-03-2016]. Dispoñible en: http://irsic.univ-amu.fr/didier-courbet
Wordpress.
Docuperio. [en liña]. [Consulta: 13-03.2016]. Dispoñible en:
https://docuperio.wordpress.com/2015/10/14/el-juego-de-la-muerte/
Blogspot.
Aquelarrexor.
[en liña]. [Consulta: 13-03-2016]. Dispoñible en:
http://aquelarrexor.blogspot.com.es/2015/10/el-juego-de-la-muerte.html
Copainsdavant.linternaute.
Olivier Codou. [en liña]. [Consulta: 13-03-2016]. Dispoñible en:
http://copainsdavant.linternaute.com/p/olivier-codou-1839676
Deboecksuperieur.
Julien Intartaglis. [en liña]. Dispoñible en:
http://www.deboecksuperieur.com/auteurs/127070/julien-intartaglia.html
Vaidis
Online.
Vaidis. [en liña]. [Consulta: 13-03-2016]. Dispoñible en:
http://vaidis.online.fr/accueil.htm
Libéralisme
ou démocratic: accueil.[en
liña]. [Consulta: 13-03-2016]. Dispoñible en:
http://liberalisme-democraties-debat-public.com/
Psychologie-sociale.org.
[en
liña]. [Consulta: 13-03-2016]. Dispoñible en:
http://www.psychologie-sociale.eu/?p=182
Babelio.
[en liña]. [Consulta: 13-03-2016]. Dispoñible en:
http://www.babelio.com/auteur/Dominique-Oberle/59425
Kidsein.
SAYAVERA,
Paul. “El peligro de la obediencia”. Kindsein [en liña]. De
Maio do 2007. Dispoñible en: http://www.kindsein.com/es/20/2/471/
Explorable.
Académico.
“El Experimento de Milgram: la obediencia de la autoridad”
Explorable [en liña] 6 de Febrero do 2008. Dispoñible en:
https://explorable.com/es/el-experimento-de-milgram
Vertele.
“La
ruleta rusa perdió la apuesta de la audiencia en Gran Bretaña.
Vertele!. 7 de outubro do 2003. Dispoñible en:
http://www.vertele.com/noticias/la-ruleta-rusa-perdio-la-apuesta-de-la-audiencia-en-gran-bretana/
Suscribirse a:
Entradas (Atom)