domingo, 13 de marzo de 2016

EL JUEGO DE LA MUERTE

Título
Xénero
Productor
Guionista
Ano
El juego de la muerte
Documental
Christophe Nick
Christophe Nick
2010

Documental

O documental trata dun experimento levado a cabo en Francia para determinar o poder que chega a ter a televisión sobre a xente. Todo basease nun concurso televisivo no que os suxeitos aplican descargas de voltios dañinas sobre o outro participante. O que os concursantes no saben é que as descargas son falsas e o outro concursante é un actor. O curioso é que o 80% chegou ata o final do programa pese a saber claramente que o seu compañeiro estaba sufrindo danos. Isto demostra o poder e a autoridade que ten a televisión e o obedientes que son os seres humanos cando senten un poder superior a eles.

O proceso consta do seguinte: primeiro unha selección de candidatos para participar, logo se lles explica a cada un o que vai a facer. O candidato faraille preguntas ao outro concursante (que se trata dun actor contratado), se o seu compañeiro falla, os que realizan a pregunta deberán aplicar unha descarga eléctrica ao desafortunado compañeiro. A potencia das descargas aumenta gradualmente ata chegar aos 460 voltios. O que fai as preguntas ten a última palabra para plantarse, se non o fai, supostamente gañan un millón de euros).

En definitiva, a TV goza dun poder autoritario enorme e os humanos cada vez actuamos máis coma subordinados que coma persoas.

Fontes

PRODUCTOR

CRISTOPHE NICK

Quen é? Cristophe Nick é un xornalista, investigador e ensaísta e realizador francés que destacou pola súa labor de elaborar documentais para a televisión.
Que representa? A súa primeira experiencia laboral foi en 1980 para a revista “Rock'n Folk” . Despois transladouse á revista “Actuel” como enviado especial para o peche definitivo do periódico, en 1994 .A partir de 1989 comezou unha larga colaboración Pierre Péan . Xuntos foron os autores dalgúns documentais de investigación : "L' affaire des Irlandais de Vincennes , “téléphoniques Les écoteus” y “Le fisco”. En 2006 fundou a súa propia compañía de produción documental chamada “Yami 2”. En abril de 2009 el era o autor e produtor do documental-reality “El juego de la muerte”, onde reanudou o experimento de Milgram, de 1961.
Que di no documental? Explica no documental que a televisión ten un poder aterrador, Nick admite que cando este medio de comunicaciónb decide abusar do seu poder, a televisión pode facer calquera cousa a calquera persoa.

CIENTÍFICOS

JEAN-LÉON BEAUVOIS
Quen é? É un psicólogo social e profesor de universidade francés.
Que representa? Jean-Léon Beauvois desenvolveu as súas investigacións no ámbito da psicoloxía clínica e da psicoloxía social experimental. Na universidade, ocupou postos docentes e de direción de varios grupos de investigación. Na actualidade disfruta da súa xubilación ampliando as súas análises ás ciencias sociais e á análise política, algo que queda patente tanto no seu último libro (Les illusions libérales, individualisme et pouvoir social, Grenoble, Presses Universitaires de Grenoble, 2005) como na conclusión escrita para a edición en castelán do seu Tratado da servidume liberal: análise da sumisión (Madrid, La Oveja Roja, 2008), Beauvois presidiu importantes asociacións profesionais,(ARIP : Association pour la Recherche et l’Intervention Psychosociologique ; ADRIPS : Association pour la Diffusion de la Recherche Internationale en Psychologie Sociale) e dirixiu durante varios anos a Revue Internationale de Psychologie Sociale. Tamén creou e dirixiu a coleción «Vies Sociales» das edicións de Presses Universitaires de Grenoble.

Que di no documental?: As palabras maís importantes que pronunciou con referecia ao documental foron as seguintes: “Temos tendencia a pensar que os actos infames os levan a cabo xente infame” pero “é un error fundamental de atribución”, asegurou o experto en psicoloxía social Jean-Léon Beauvois. Segundo demostró Milgram pódese facer que xente totalmente normal faga cousas horribles ao poñela en situacións horribles.

DOMINIQUE OBERLE

Quen é? Dominique Oberle é unha profesora de psicoloxía social na universidade de Nanterre, en París.
Que máis representa? Actualmente estase traballando na validación dos coñecementos producidos polo grupo. Paralelamente ao seu traballo de profesor-investigador actuou como formador e consultor en moitas organizacións e empresas. Un libro en relación co documental: Beauvois, J.-L., Courbet, D., & Oberlé, D. (2012). The prescriptive power of the television host. A transposition of Milgram's obedience paradigm to the context of TV game show.
Que di no documental? No documental trata o concepto do estado axéntico e as conclusións finais do experimento.
DIDIER COURBET

Quen é? Didier Courbet é profesor da Universidade, especialmente na enseñanza da Facultade de Medicina (CHU Marsella) e a Escuela de Periodismo y Comunicación (EJCAM). Seguiu unha doble formación en Psicoloxía Experimental (cognitivo, social) e a comunicación tanto teórica como profesional.
Que máis representa? Foi investigador no Instituto de Investigación IRSIC, onde é o director Adxunto e profesor asociado da Universidade de Laval en Canadá e GPCR (Quebec). Especializouse no estudo das interaccións entre os seres humanos e a tecnoloxía da información e as comunicacións en dúas zonas con fortes problemas sociais, económicos e de saúde.
Que di no documental? Simplemente se especializou máis no seu estudo das interaccións entre ser humano e tecnoloxía da información e comunicacións e nos seus estudos sobre psicoloxía experimental . Trata o carácter dos concursantes e como reaccionan ante as diferentes situacións. Mostra que todos teñenn esixencias emocionais e que caando chegan a xogar teñen que xestionar os factores xa que, na súa opinión, o que lles afecta moito é que saen por primeira vez na televisión e polo tanto establecen prioridades nos seus valores.

YVES JEANNERET

Quen é? Yves Jeanneret , nacido en 1951 , é un profesor universitario en ciencias da información e comunicación . El lidera a "Innovación en comunicación e medios " púlpito de Celsa París ou CELSA.
Que máis representa? Despois de se formar a partir da École Normale Supérieure (1972). Yves Jeanneret comezou a súa carreira na universidade e na escola como profesora de literatura. Converteuse en profesor da Escola Nacional de Telecomunicacións, onde creou e dirixiu o departamento de "formación humana". Despois de ensinar na Universidade de Lille III "Charles de Gaulle", dirixiu o grupo de investigación Celsa (GRIPIC), leva 2002 a 2005, vice-director da NCH Lalic (París-Sorbonne University - CNRS), logo asume a responsabilidade pola mención master "estratexia de desenvolvemento cultural" da Universidade de Avignon, retornou en 2010 a Celsa para participar no desenvolvemento educativo e científico.
Participou na emisión deste documental publicándoo en “La Noche Temática”.


INVESTIGADORES

OLIVER CODOU

Quen é? Olivier Codou é un investigador francés que participou no documental “El juego de la Muerte”.
Que representa? Ten o doctorado en psicoloxía. Traballou na Universidade de Niza Sophie Antipolis.
Algúns dos seus libros que teñen relación co documental son:

Ideological priming and normative dimensions of individualism, 2011 (Número 92)
Revue internationale de psychologie sociale, 2012 (Toma 25)

JULIEN INTARTAGLIA

Quen é? Julien Intartaglia é un profesor de Marketing e Publicidade na Escola Superior de Xestión Arc en Neuchâtel.

Que representa? Nos seus libros plasma estudos de psicoloxía social.
Julien Intartaglia é Doutor en Ciencias da Comunicación da Universidade de Aix Marseille. Gañou experiencia en publicidade (varias axencias, incluíndo Publicis) e xestión de proxectos de investigación de marketing de varias autoridades pemes e públicos en Suíza (Institut d'Etudes ERASM Xenebra).

El é o autor de varias publicacións científicas e profesionais, e participou en moitas conferencias internacionais. O seu primeiro libro sobre técnicas de publicidade e persuasión foi lanzado en decembro de 2013 por Editions Deboeck. El acaba de asinar un segundo libro “Generations Pub: neno ao adulto, todo baixo a influnecia”, que acaba de ser publicado en xaneiro de 2015.



AMANDINE TONELLI


Instituto de ciencias da comunicación, de medios e de xornalismo de Xénova. E tamén Instituto de investigación en ciencias da información e da comunicación d'Aix-Marseille.

DAVID VAIDIS

Profesor de Universidade en Orléans. Publicou un libro no que fala sobre o experimento de Milgram: Vaidis, D., & Codou, O. (2011, à paraître). Milgram du laboratoire à la télévision : enjeux éthiques, politiques et scientifiques. Cahiers Internationaux de Psychologie Sociale, 92, xx-xx.

DOCUMENTALISTA:  CHRISTINE LOISEAU

INFOGRAFÍA:  ELODIE MAILLARD

Antecedentes


O xogo da morte é un documental Francés que se levou a cabo o 2010 para demostrar ata onde chega a obediencia das persoas ante unha autoridade imposta, tratando sobre todo o ámbito da televisión e o seu poder. Pero este documental non é o primeiro que trata este tema, senón que anteriormente xa se realizaron experimentos similares que en certo modo foron o motivo de porque se levou a cabo dito experimento. No propio documental, ao comezo, aparecen unha serie de segmentos de diversos programas onde se mostra o tema principal do experimento e, a propia finalidade deses programas, poderíase entender como unha das principais razón polas que se levou a cabo.
Entre eses destacamos:

CONCURSOS XAPONESES E PROGRAMAS DE MTV

Uns dos programas que se mostran no documental son os que se emiten en Xapón. Nestes programas utilizan un gran número de probas nas que o resultado negativo era castigado exercendo algún tipo de dor ao concursante, ou nos que se exerce dor porque esa é a propia dinámica do xogo.
No propio documental aparecen diversas imaxes onde se poden ver a distintos concursantes os cales ou ben os fan meterse nun tanque de auga fervendo, comer alimento en chamas, entre outras cousas.
Por outra parte, o documental tamén fai unha pequena referencia a un tipo de programa que era emitido na MTV onde se mostraban unha serie de vídeos de caídas reais, ensinándoas coa finalidade de facer rir.

DERREN BROWN E A RULETA RUSA

FUNCIONAMENTO
A proba que tiña pensado facer Derren Brown era escoller a unha persoa ao azar do público para que colocara a bala na arma, posteriormente este diría un número do un ao seis e segun Brown el mesmo conseguiría adiviñar en qué sitio colocara a bala, simplemente escoitando a voz do espectador.
O programa foi retransmitido por Channel Four en Reino Unido, e aínda que ao principio tíñase pensado retransmitilo totalmente en directo, decidiuse finalmente que se mostraría cuns minutos de retraso por se o xogo saíra mal, dado que o canal de TV non se quería facer responsable dunha morta en directo.
Finalmente o mago xirou o tambor e apretou o gatillo, sen obter ningún rasguño.
Esta especie de espectáculo trouxo consigo unha gran cantidade de críticas e denuncias pero a pesar de todo iso o programa conseguíu unha audiencia destacable de entre seis e doce millóns de espectadores, estando os números máis altos xusto no momento no que o mago aprieta o gatillo.

ANATOMÍA PARA PRINCIPIANTES

FUNCIONAMENTO
O programa consistía nunha especie de clases de anatomía televisadas onde se empregaban verdadeiros cadáveres aos que se lles realizaban diferentes operación, feitas polo propia doutor mencionado e cos seus axudantes, ensinando os diferentes pasos a seguir.
O programa era emitido os sábados pola noite e era dirixido, principalmente, aos estudantes de menciña.
Cabe destacar que os corpos que se empregaban estaban inscritos a un programa de donantes de corpo e o propia doutor constaba dun consentimento para a educación pública de anatomía que as propias persoas cuxos corpos son empregados firmaran, incluíndo ademais, a demostración pública dos corpos e polo tanto a capacidade de poder gravar e mostras as operacións.

O EXPERIMENTO DE MILGRAM

Experimento de Milgram: la obediencia a la autoridad. Este mesmo experimento menciónase no documental tomándoo como exemplo a seguir empregando os datos que se recolleran desde que se iniciou no 1961 a modo de referencia e tamén para comparalos cos posteriores recollido no 2010.

ORIXE:
O experimento levouse acabo nos anos 60 polo psicólogo Stanley Milgram. O experimento en sí xudeu a raíz dos feitos que ocorreron na segunda Guerra Mundial, é dicir, as masacres dos xudeus (entre outros) por parte dos camaradas nazis os cales aseguraban que “só cumprían ordes”. Esta frase aparecía continuamente nos xuízos xudeus que se realizaron posteriormente a modo de quitarse ou liberarse da culpa polo actos que cometerán. Deste modo móstrase o gran poder que teñen as normas e a gran capacidade de obediencia das persoas, pero para converter isto en algo oficial, levouse a cabo dito experimento. Pero o motivo principal polo que se levou a cabo o experimento foi a seguinte pregunta: ¿Canto tempo pode alguén seguir dando descargas a outra persoa si se lle di que o faga, incluso se crera que se lle poden causar feridas graves?

FUNCIONAMENTO:
De todos estes programas e experimentos o que máis destaca non é soamente a maneira na que se tratan aos concursante ou as imaxes que aparecen, senón a gran popularidade que acadan, a actitude de diversión que presentan os espectadores, tanto o público presente como os que o ven desde os seus televisores.

Outros experimentos sociais relacionados

O EXPERIMENTO DE MILGRAM

Éxiste unha película documental chamada The Tenth Level (1976), dirixida por Charles S. Dubin e basada íntegramente no experimento de Milgram. Acontece o mesmo cunha película moi recente, titulada Experimenter e dirixida por Michael Almereyda que foi estreada nos Estados Unidos en 2015.

DIE WELLE (LA OLA)

É una película alemana está en 2008 e dirixida por Dennis Gansel. O seu guión está basado na novela de Tod Strasser, de nome similar, inspirada nun experimento que realizou un profesor de historia, Ron Jones, en 1967. Durante 5 días Jones trataría de explicar o que é unha autocracia e ensinarlles vivencialmente aos seus estudiantes como había sido posible que nunha sociedade libre se puidera chegar a transformar nun réxime fascista. Levaría a cabo o seu experimento sin que os alumnos o supesen, introducindo pouco a pouco valores de autoridade cara un líder (que era o profesor), forza comunitaria, disciplina, orgullo, etc. Comezaron a vestirse igual, a mostrar culto ao réxime e ao líder, multiplicando cada vez máis alumnos, que se foron incorporando extrapolando esa nova realidade fora das aulas. O experimento foi un éxito e demostrou a facilidade que teñen incluso as sociedades libres e abertas ao atractivo de ideoloxías autoritarias e dictatoriais alertando da importancia da democracia.

DAS EXPERIMENT (EL EXPERIMENTO)

É una película alemá estreada no 2001 e dirixida por Oliver Hirschbiegel. O guión está basado no libro de Mario Giordano, The Black Box, inspirado no experimento do cárcere de Standford, realizado e liderado por Philip Zimbardo en 1971. O experimento consistía en reunir nunha prisión ficticia a unhas 20 personas, escollidas e distribuidas ó azar entre presos e gardas. Zimbardo estaba tratando de mostrar o que sucedía cando un ser humano era despoxado de individualidade e dignidade baixo unha vida completamente controlada. Quería mostrar a deshumanización e a desarticulación dos valores sociais e morais que os gardas podían acadar inmersos nesa situación. Un experimento que ía a durar aproximadamente dúas semanas e que fora de todo pronóstico comezaría a dexenerar rapidamente e evidenciar un descontrol inhumano que lograría finalizar co estudo á semana de emprendelo. Os prisioneiros sufriron unha ampla gama de humillacións e castigos por parte dos gardas e moitos comezaron a mostrar signos de dor mental e emocional. Por outra parte empezaron a organizarse, a facer disturbios en masa e a porse en contra dos gardas. Todo dexeneraría nun caos total.

O EXPERIMENTO DE ASCH (1951) 

Solomon Asch realizou unha serie de experimentos sobre a conformidade e a presión e poder dos grupos. No experimento participaban unha serie de estudantes dos cales todos eran cómplices menos un, nunha especie de proba visual. Esta proba consistía en que os participantes tiñan que determinar o tamaño dunhas liñas que estaban debuxadas comparando unhas con outras. Os cómplices nun principio responderían en unanimidade a resposta correcta xunto a persoa inocente, pero posteriormente os propios cómplices optarían por escoller respostas incorrectas en conxunto para poder observar a reacción do participante. O 75% dos participantes sometéronse á presión do grupo e escolleron respostas similares pese a que chocara coa súa opinión, polo que existe unha aceptación publica da resposta común, pero non privada.

O EXPERIMENTO DE ELLIOT

En 1968 unha maestra de primaria decidiu levar a cabo un exercicio pedagóxico para os seus alumnos despois da morte de Martin Luther King. Tratábase dun experimento basado na categorización social e o seu obxectivo principal era concienciar ao alumnado dos efectos da discriminación, tanto os que a padecen, coma os que a exercen. Jane Elliot dividiu aos alumnos en dous grupos, os que tiñan ollos azuis, e os que tiñan ollos marróns. A profesora díxolle aos alumnos de ollos azuis que eran superiores aos de ollos marróns. Co tempo e despois de moitos privilexios (cinco minutos extra de recreo, xogos exclusivos nos que os de ollos marróns non poden participar etc.), os alumnos de ollos azuis discriminaron aos seus compañeiros e melloraron o seu rendemento nas clases. The Eye of the Storm é un documental televisivo de 1970 que trataba sobre o dito experimento, narrado por Bill Beutel e dirixido por William Peters.


Conclusión

Podemos concluir en que o ser humano non ten unha capacidade tan grande de autorregulación e autodeterminación, non só ante a presión social, senón ante calquera autoridade. Podemos deducilo non só no experimento de Milgram, senón tamén no de Asch. Este tipo de experimentos xa lle interesaban á sociedade dende que Hannah Arendt catalogou como “vanidad del mal” o comportamento de algúns militares nazis ao decir que tan só “cumprían ordes”. En moitas ocasións, o xuízo dunha persoa non coincide co da súa autoridade ou grupo social, e sen embargo cede, aceptando outros valores exteriormente, e negándoos para sí. Quizais neste caso temos que prestar atención aos medios de comunicación, especialmente a televisión. É un ámbito moi lonxano para a maioría das persoas porque non é fácil comprendela, entender o que hai detrás, e polo tanto pode chegar a idealizarse. Quizais ao tratarse de un medio unidireccional que envía constantemente mensaxes ao suxeto sin que exista a posibilidade de replicar ou de contestar ás preguntas que éste poida facer, as persoas poden interpretala indirectamente como unha especie de “autoridade”. É un medio moi distante porque non todos poden compréndelo en profundidade e moito menos controlalo pero cercano a nivel superficial pois é un medio relativamente fácil de consumir. O concepto de autoridade e presión social está moi presente no Xogo da Morte; a presentadora, as cámaras, o programa en sí, o público etc. Cando algo é tan descoñecido, as persoas son máis susceptibles de ceder ante unha autoridade, non hai máis que remontarse á historia, onde a ignorancia sempre foi un dos grandes pilares para dominar as persoas.

Mapa conceptual


Bibliografia (ISO 690:2010)

El Mundo. “El juego de la muerte”, una demostración del poder de la TV. 2010. [Consulta: 07-03-2016.] Dispoñible en: http://www.elmundo.es/elmundo/2010/03/16/television/1268762717.html

Microcambios. El juego de la muerte: documental sobre la TV. 2013. [Consulta: 07-03-2016.] Dispoñible en: http://microcambios.com/2013/10/22/el-juego-de-la-muerte-documental-sobre-la-tv/

The 21 magazine. El juego de la muerte: televisión y obediencia. 2014. [Consulta 07-03-2016.] Dispoñible en: http://the21magazine.es/el-juego-de-la-muerte-television-y-obediencia/

Psyblog. Why We Do Dumb or Irrational Things: 10 Brilliant Social Psychology Experiments [en liña]. [Consulta: 09-03-2016]. Dispoñible en: http://www.spring.org.uk/2007/11/10-piercing-insights-into-human-nature.php

Metal_Floss. 10 Famous Psychological Experiments That Could Never Happen Today [en liña]. [Consulta: 09-03-2016]. Dispoñible en: http://mentalfloss.com/article/52787/10-famous-psychological-experiments-could-never-happen-today

Recursos de autoayuda. 3 películas sobre inquietantes experimentos sociales que no puedes perderte [en liña]. [Consulta: 09-03-2016]. Dispoñible en: http://www.recursosdeautoayuda.com/experimentos-sociales/

Youtube. “El juego de la muerte”. [en liña]. Dispoñible en: https://www.youtube.com/watch?v=64cuhc3vx5A.

Wikipedia. Christophe Nick [en liña]. [Consulta: 13-03-2016]. Dispoñible en: https://fr.wikipedia.org/wiki/Christophe_Nick
Wikipedia. Jean-Léon Beauvois. [en liña]. Dispoñible en: https://es.wikipedia.org/wiki/Jean-­L%C3%A9on_Beauvois
Wordpress. El punto de mira. [en liña]. [Consulta: 13-03-2016]. Dispoñible en:
Babelio. Dominique Oberle. [en liña]. [Consulta: 13-03-2016]. Dispoñible en: http://www.babelio.com/auteur/Dominique-Oberle/59425

Irsic. Didier Courbet. [en liña]. [Consulta: 13-03-2016]. Dispoñible en: http://irsic.univ-amu.fr/didier-courbet

Wordpress. Docuperio. [en liña]. [Consulta: 13-03.2016]. Dispoñible en: https://docuperio.wordpress.com/2015/10/14/el-juego-de-la-muerte/

Blogspot. Aquelarrexor. [en liña]. [Consulta: 13-03-2016]. Dispoñible en: http://aquelarrexor.blogspot.com.es/2015/10/el-juego-de-la-muerte.html

Copainsdavant.linternaute. Olivier Codou. [en liña]. [Consulta: 13-03-2016]. Dispoñible en: http://copainsdavant.linternaute.com/p/olivier-codou-1839676

Deboecksuperieur. Julien Intartaglis. [en liña]. Dispoñible en: http://www.deboecksuperieur.com/auteurs/127070/julien-intartaglia.html

Vaidis Online. Vaidis. [en liña]. [Consulta: 13-03-2016]. Dispoñible en: http://vaidis.online.fr/accueil.htm

Libéralisme ou démocratic: accueil.[en liña]. [Consulta: 13-03-2016]. Dispoñible en: http://liberalisme-democraties-debat-public.com/

Psychologie-sociale.org. [en liña]. [Consulta: 13-03-2016]. Dispoñible en: http://www.psychologie-sociale.eu/?p=182

Babelio. [en liña]. [Consulta: 13-03-2016]. Dispoñible en: http://www.babelio.com/auteur/Dominique-Oberle/59425

ABC. Actualidad. “Un mago juega a la ruleta rusa en Channel Four, en el Reino Unido”. ABC Digital [en liña]. Madrid, 6 de octubre del 2003. Dispoñible en: http://www.abc.es/hemeroteca/historico-06-10-2003/abc/Comunicacion/un-mago-juega-a-la-ruleta-rusa-en-channel-four-en-el-reino-unido_212071.html# 

Kidsein. SAYAVERA, Paul. “El peligro de la obediencia”. Kindsein [en liña]. De Maio do 2007. Dispoñible en: http://www.kindsein.com/es/20/2/471/ 

Explorable. Académico. “El Experimento de Milgram: la obediencia de la autoridad” Explorable [en liña] 6 de Febrero do 2008. Dispoñible en: https://explorable.com/es/el-experimento-de-milgram

 Vertele. “La ruleta rusa perdió la apuesta de la audiencia en Gran Bretaña. Vertele!. 7 de outubro do 2003. Dispoñible en: http://www.vertele.com/noticias/la-ruleta-rusa-perdio-la-apuesta-de-la-audiencia-en-gran-bretana/