domingo, 13 de marzo de 2016

Outros experimentos sociais relacionados

O EXPERIMENTO DE MILGRAM

Éxiste unha película documental chamada The Tenth Level (1976), dirixida por Charles S. Dubin e basada íntegramente no experimento de Milgram. Acontece o mesmo cunha película moi recente, titulada Experimenter e dirixida por Michael Almereyda que foi estreada nos Estados Unidos en 2015.

DIE WELLE (LA OLA)

É una película alemana está en 2008 e dirixida por Dennis Gansel. O seu guión está basado na novela de Tod Strasser, de nome similar, inspirada nun experimento que realizou un profesor de historia, Ron Jones, en 1967. Durante 5 días Jones trataría de explicar o que é unha autocracia e ensinarlles vivencialmente aos seus estudiantes como había sido posible que nunha sociedade libre se puidera chegar a transformar nun réxime fascista. Levaría a cabo o seu experimento sin que os alumnos o supesen, introducindo pouco a pouco valores de autoridade cara un líder (que era o profesor), forza comunitaria, disciplina, orgullo, etc. Comezaron a vestirse igual, a mostrar culto ao réxime e ao líder, multiplicando cada vez máis alumnos, que se foron incorporando extrapolando esa nova realidade fora das aulas. O experimento foi un éxito e demostrou a facilidade que teñen incluso as sociedades libres e abertas ao atractivo de ideoloxías autoritarias e dictatoriais alertando da importancia da democracia.

DAS EXPERIMENT (EL EXPERIMENTO)

É una película alemá estreada no 2001 e dirixida por Oliver Hirschbiegel. O guión está basado no libro de Mario Giordano, The Black Box, inspirado no experimento do cárcere de Standford, realizado e liderado por Philip Zimbardo en 1971. O experimento consistía en reunir nunha prisión ficticia a unhas 20 personas, escollidas e distribuidas ó azar entre presos e gardas. Zimbardo estaba tratando de mostrar o que sucedía cando un ser humano era despoxado de individualidade e dignidade baixo unha vida completamente controlada. Quería mostrar a deshumanización e a desarticulación dos valores sociais e morais que os gardas podían acadar inmersos nesa situación. Un experimento que ía a durar aproximadamente dúas semanas e que fora de todo pronóstico comezaría a dexenerar rapidamente e evidenciar un descontrol inhumano que lograría finalizar co estudo á semana de emprendelo. Os prisioneiros sufriron unha ampla gama de humillacións e castigos por parte dos gardas e moitos comezaron a mostrar signos de dor mental e emocional. Por outra parte empezaron a organizarse, a facer disturbios en masa e a porse en contra dos gardas. Todo dexeneraría nun caos total.

O EXPERIMENTO DE ASCH (1951) 

Solomon Asch realizou unha serie de experimentos sobre a conformidade e a presión e poder dos grupos. No experimento participaban unha serie de estudantes dos cales todos eran cómplices menos un, nunha especie de proba visual. Esta proba consistía en que os participantes tiñan que determinar o tamaño dunhas liñas que estaban debuxadas comparando unhas con outras. Os cómplices nun principio responderían en unanimidade a resposta correcta xunto a persoa inocente, pero posteriormente os propios cómplices optarían por escoller respostas incorrectas en conxunto para poder observar a reacción do participante. O 75% dos participantes sometéronse á presión do grupo e escolleron respostas similares pese a que chocara coa súa opinión, polo que existe unha aceptación publica da resposta común, pero non privada.

O EXPERIMENTO DE ELLIOT

En 1968 unha maestra de primaria decidiu levar a cabo un exercicio pedagóxico para os seus alumnos despois da morte de Martin Luther King. Tratábase dun experimento basado na categorización social e o seu obxectivo principal era concienciar ao alumnado dos efectos da discriminación, tanto os que a padecen, coma os que a exercen. Jane Elliot dividiu aos alumnos en dous grupos, os que tiñan ollos azuis, e os que tiñan ollos marróns. A profesora díxolle aos alumnos de ollos azuis que eran superiores aos de ollos marróns. Co tempo e despois de moitos privilexios (cinco minutos extra de recreo, xogos exclusivos nos que os de ollos marróns non poden participar etc.), os alumnos de ollos azuis discriminaron aos seus compañeiros e melloraron o seu rendemento nas clases. The Eye of the Storm é un documental televisivo de 1970 que trataba sobre o dito experimento, narrado por Bill Beutel e dirixido por William Peters.


1 comentario: