O
xogo da morte é un documental Francés que se levou a cabo o 2010
para demostrar ata onde chega a obediencia das persoas ante unha
autoridade imposta, tratando sobre todo o ámbito da televisión e o
seu poder. Pero este documental non é o primeiro que trata este
tema, senón que anteriormente xa se realizaron experimentos
similares que en certo modo foron o motivo de porque se levou a cabo
dito experimento. No propio documental, ao comezo, aparecen unha
serie de segmentos de diversos programas onde se mostra o tema
principal do experimento e, a propia finalidade deses programas,
poderíase entender como unha das principais razón polas que se
levou a cabo.
Entre
eses destacamos:
CONCURSOS
XAPONESES E PROGRAMAS DE MTV
Uns
dos programas que se mostran no documental son os que se emiten en
Xapón. Nestes programas utilizan un gran número de probas nas que o
resultado negativo era castigado exercendo algún tipo de dor ao
concursante, ou nos que se exerce dor porque esa é a propia dinámica
do xogo.
No
propio documental aparecen diversas imaxes onde se poden ver a
distintos concursantes os cales ou ben os fan meterse nun tanque de
auga fervendo, comer alimento en chamas, entre outras cousas.
Por
outra parte, o documental tamén fai unha pequena referencia a un
tipo de programa que era emitido na MTV onde se mostraban unha serie
de vídeos de caídas reais, ensinándoas coa finalidade de facer
rir.
DERREN
BROWN E A RULETA RUSA
FUNCIONAMENTO
A
proba que tiña pensado facer Derren Brown era escoller a unha persoa
ao azar do público para que colocara a bala na arma, posteriormente
este diría un número do un ao seis e segun Brown el mesmo
conseguiría adiviñar en qué sitio colocara a bala, simplemente
escoitando a voz do espectador.
O
programa foi retransmitido por Channel Four en Reino Unido, e aínda
que ao principio tíñase pensado retransmitilo totalmente en
directo, decidiuse finalmente que se mostraría cuns minutos de
retraso por se o xogo saíra mal, dado que o canal de TV non se
quería facer responsable dunha morta en directo.
Finalmente
o mago xirou o tambor e apretou o gatillo, sen obter ningún rasguño.
Esta
especie de espectáculo trouxo consigo unha gran cantidade de
críticas e denuncias pero a pesar de todo iso o programa conseguíu
unha audiencia destacable de entre seis e doce millóns de
espectadores, estando os números máis altos xusto no momento no que
o mago aprieta o gatillo.
ANATOMÍA
PARA PRINCIPIANTES
FUNCIONAMENTO
O
programa consistía nunha especie de clases de anatomía televisadas
onde se empregaban verdadeiros cadáveres aos que se lles realizaban
diferentes operación, feitas polo propia doutor mencionado e cos
seus axudantes, ensinando os diferentes pasos a seguir.
O
programa era emitido os sábados pola noite e era dirixido,
principalmente, aos estudantes de menciña.
Cabe
destacar que os corpos que se empregaban estaban inscritos a un
programa de donantes de corpo e o propia doutor constaba dun
consentimento para a educación pública de anatomía que as propias
persoas cuxos corpos son empregados firmaran, incluíndo ademais, a
demostración pública dos corpos e polo tanto a capacidade de poder
gravar e mostras as operacións.
O EXPERIMENTO DE MILGRAM
Experimento
de Milgram: la obediencia a la autoridad.
Este mesmo experimento menciónase no documental tomándoo como
exemplo a seguir empregando os datos que se recolleran desde que se
iniciou no 1961 a modo de referencia e tamén para comparalos cos
posteriores recollido no 2010.
ORIXE:
O
experimento levouse acabo nos anos 60 polo psicólogo Stanley
Milgram. O experimento en sí xudeu a raíz dos feitos que ocorreron
na segunda Guerra Mundial, é dicir, as masacres dos xudeus (entre
outros) por parte dos camaradas nazis os cales aseguraban que “só
cumprían ordes”. Esta frase aparecía continuamente nos xuízos
xudeus que se realizaron posteriormente a modo de quitarse ou
liberarse da culpa polo actos que cometerán. Deste modo móstrase o
gran poder que teñen as normas e a gran capacidade de obediencia
das persoas, pero para converter isto en algo oficial, levouse a cabo
dito experimento. Pero o motivo principal polo que se levou a cabo o
experimento foi a seguinte pregunta: ¿Canto
tempo pode alguén seguir dando descargas a outra persoa si se lle di
que o faga, incluso se crera que se lle poden causar feridas graves?
FUNCIONAMENTO:
De
todos estes programas e experimentos o que máis destaca non é
soamente a maneira na que se tratan aos concursante ou as imaxes que
aparecen, senón a gran popularidade que acadan, a actitude de
diversión que presentan os espectadores, tanto o público presente
como os que o ven desde os seus televisores.
só o experimento de Milgram. As secuencias dos distintos programas de televisión serven para remarcar a humillación, violencia, sadismo-masoquismo que aparecen nesas emisións. Nada que ver co experimento de Milgram. Sen citas.
ResponderEliminar