Podemos
concluir en que o ser humano non ten unha capacidade tan grande de
autorregulación e autodeterminación, non só ante a presión
social, senón ante calquera autoridade. Podemos deducilo non só no
experimento de Milgram, senón tamén no de Asch. Este tipo de
experimentos xa lle interesaban á sociedade dende que Hannah Arendt
catalogou como “vanidad del mal” o comportamento de algúns
militares nazis ao decir que tan só “cumprían ordes”. En moitas
ocasións, o xuízo dunha persoa non coincide co da súa autoridade
ou grupo social, e sen embargo cede, aceptando outros valores
exteriormente, e negándoos para sí. Quizais neste caso temos que
prestar atención aos medios de comunicación, especialmente a
televisión. É un ámbito moi lonxano para a maioría das persoas
porque non é fácil comprendela, entender o que hai detrás, e polo
tanto pode chegar a idealizarse. Quizais ao tratarse de un medio
unidireccional que envía constantemente mensaxes ao suxeto sin que
exista a posibilidade de replicar ou de contestar ás preguntas que
éste poida facer, as persoas poden interpretala indirectamente como
unha especie de “autoridade”. É un medio moi distante porque non
todos poden compréndelo en profundidade e moito menos controlalo
pero cercano a nivel superficial pois é un medio relativamente fácil
de consumir. O concepto de autoridade e presión social está moi
presente no Xogo da Morte; a presentadora, as cámaras, o
programa en sí, o público etc. Cando algo é tan descoñecido, as
persoas son máis susceptibles de ceder ante unha autoridade, non hai
máis que remontarse á historia, onde a ignorancia sempre foi un dos
grandes pilares para dominar as persoas.
É banalidade do mal, non vanidade...: o libro da filósofa titúlase Eichmann en Jerusalén y lo subtituló Sobre la banalidad del mal.
ResponderEliminar