O
documental trata dun experimento levado a cabo en Francia para
determinar o poder que chega a ter a televisión sobre a xente. Todo
basease nun concurso televisivo no que os suxeitos aplican descargas
de voltios dañinas sobre o outro participante. O que os concursantes
no saben é que as descargas son falsas e o outro concursante é un
actor. O curioso é que o 80% chegou ata o final do programa pese a
saber claramente que o seu compañeiro estaba sufrindo danos. Isto
demostra o poder e a autoridade que ten a televisión e o obedientes
que son os seres humanos cando senten un poder superior a eles.
O
proceso consta do seguinte: primeiro unha selección de candidatos
para participar, logo se lles explica a cada un o que vai a facer. O
candidato faraille preguntas ao outro concursante (que se trata dun
actor contratado), se o seu compañeiro falla, os que realizan a
pregunta deberán aplicar unha descarga eléctrica ao desafortunado
compañeiro. A potencia das descargas aumenta gradualmente ata chegar
aos 460 voltios. O que fai as preguntas ten a última palabra para
plantarse, se non o fai, supostamente gañan un millón de euros).
En
definitiva, a TV goza dun poder autoritario enorme e os humanos cada
vez actuamos máis coma subordinados que coma persoas.
Aló menos hai unha breve explicación do contido do documental.
ResponderEliminardescargas de voltios dañinas, depende da intensidade?