A GRAN DEPRESIÓN
Aspecto formal:
Autor
|
Dorothea Lange
|
Nacionalidade
|
Estadounidense
|
Procedencia da imaxe
|
|
Xénero
|
Reportaxe
|
Movemento, corrente
artística
|
Realista, sociodocumental, humanismo.
|
Data de creación
|
1930
|
Título
|
A gran Depresión
|
Dimensións
|
948 × 764
|
Cor ou branco e negro
|
Branco e negro
|
Data de publicación
|
1935-1939
|
Lugar de realización
|
Estados Unidos de América
|
Asunto ou asuntos
|
Fame e miseria durante o crack do 29
|
Plano/escala da imaxe
|
Plano xeral
|
Natural ou espontánea/pose
ou preparación
|
Posado, preparado
|
Aspecto
de contido:
Contexto
|
Co crack da bolsa Estadounidense en 1929 moitísimas familias quedaron na
ruína, perdendo todo o seu diñeiro. Dorothea Lange pretende co seu traballo
fotográfico mostrar toda a miseria que estas familias tiveron que pasar ao
perder a súa casa e os seus aforros
|
Retrato (individual ou
grupo), escena, paisaxe, etc
|
Retrato grupal
|
Resumo ou descrición do
contido
|
Na fotografía vese a un home co seu bebé apoiado nun coche e detrás está
a súa casa feita con chapas e cartón, como unha chabola
|
Descritores/palabras clave
onomásticos
|
home, bebé
|
Descritores xeográficos
palabras clave: lugares ou ámbito xeográfico da imaxe
|
Val, deserto, Estados Unidos,
California
|
Descritores temáticos
palabras clave: obxectos, acción, actividades, situación ou conceptos
relacionados coa fotografía
|
casa, coche, chabola, botas, ruína, crise
|
Biografría
de Dorothea Lange
Dorothea Lange foi unha fotógrafa
nacida en New Jersey en 1895. Pronto chamaría a atención da administración
federal co seu traballo retratando familias durante a gran crise, e comezaría a
traballar para a “Administración de
Seguridad Agraria”, de onde saldría anos máis tarde a súa obra máis
famosa, a Gran Depresión. Entre 1935 e 1939 a súa obra retratando a familas e
inmigrantes foi publicada nos xornais máis famosos do país, alcanzando o seu
traballo fama nacional, xa que servía para mostrar á opinión pública cómo
vivían campesiños e migrantes. Un dos seus retratos máis famosos é o da “Muller
migrante”, unha fotografía que amosaba a unha muller migrante cargando cos seus
fillos, fotografía que lle valeu a Lange o Premio Pulitzer.
Pero
os seus retratos durante a Gran Depresión non foi o seu único traballo. Durante
o incidente de Pearl Harbour, Dorothea fotografiou a evacuación dos xaponeses
dos campos de concentración, cunha clara crítica ao sistema estadounidense,
polo que estes traballos fotográficos foron embargados polo Exército. O gran
mérito que tuvo esta fotógrafa foi o feito de salir do estudio á rúa, quería
plasmar as consecuencias reais que tivo a crise na xente.
Conclusión: Creo que a obra desta fotógrafa ha de ser
considerada como todo un traballo de investigación e de mostrar a realidade
que moitas familias viviron naqueles
anos.
Reflexión
do equipo sobre a imaxe: A fotografía amosa unha realidade que moitas familias viviron na década
dos anos 30 en América á perfección. A fotografía transmite a ruína dunha
familia ao perder os seus aforros, e como se ten que vivir co pouco que se ten.
(http://www.analisisfotografia.uji.es/root2/pdf/Dorothea%20Lange%20(1936).pdf. Libro A American Exodus, A Record of Human Erosion).
ResponderEliminar