DAYS OF HEAVEN
Aspecto
formal:
Autor
|
Néstor Almendros
|
Nacionalidade
|
Española
|
Procedencia da imaxe
|
Filme
|
Xénero
|
Romántico, Drama
|
Movemento, corrente
artística
|
filme realista
|
Data de creación
|
1978
|
Título
|
Days of Heaven
|
Dimensións
|
603 × 363
|
Cor ou branco e negro
|
Cor
|
Data de publicación
|
1978
|
Lugar de realización
|
Canadá
|
Asunto ou asuntos
|
|
Plano/escala da imaxe
|
Plano xeral
|
Natural ou espontánea/pose
ou preparación
|
Natural
|
Aspecto
de contido:
Contexto
|
Escena de neve, despois da morte de Bill (o protagonista do filme)
|
Retrato (individual ou
grupo), escena, paisaxe, etc
|
Trátase de un retrato de unha nena e unha muller
|
Resumo ou descrición do
contido
|
Néstor captou tódalas esceas finais da cidade despois da morte de Bill
(Richard Gere), moitas tomas de planos
aislados de esceas incompletas, así como as esceas de neve, que non puido ver
caer durante ese largo “verán indio” en Canadá
|
Descritores/palabras clave
onomásticos
|
Plano aislado que plasma o inverno en Canadá
|
Descritores xeográficos
palabras clave: lugares ou ámbito xeográfico da imaxe
|
Canadá
|
Descritores temáticos
palabras clave: obxectos, acción, actividades, situación ou conceptos
relacionados coa fotografía
|
Unha nena e
unha muller pasean pola neve coa compañía dun can mentres o vento sopra. A
fotografía plasma certa desolación, mentres o paisaxe está cuberto de neve e
trasmite unha sensación de frío.
|
Biografría
de Néstor Almendros
Nacido en Barcelona un 30 de Outubro de 1930, emigrou nun
barco, contando 17 anos, a Cuba. E mentres estudaba Filosofía e Letras na
Universidade da Habana empezou a escribir moitísimas críticas amateur e a
coñecer a outros que amaban o cinema tanto (ou case) como o amaba el. Tanto
escribiu, e con tanta paixón, erudición e rigor, que rematou por escribir
nalgunhas das revistas máis importantes de Cuba e chegou a estudar cinema,
pasando un ano en Europa. Converteríase, contra todo prognóstico, nun deses
críticos que posteriormente se fan cineastas, pero en lugar de dirixir
películas, fíxose director de fotografía, un oficio para o que parecía que
nacera e que moi cedo o situou moi preto da élite cultural europea e americana,
conscientes moitos dos seus amigos e colaboradores de que Almendros era un home
dunha cultura, unha destreza técnica e unha paixón que moi poucos poderían
igualar. A súa lexendaria carreira arrincaba por tanto nos anos sesenta, e moi
pronto quedou claro que ía ser unha carreira lexendaria.
A
súa colaboración co intelectual Rohmer e co humanista Truffaut foi moi extensa.
A eles regaloulles algunhas das mellores imaxes que inventou xamais co seu
cámara. Persoalmente, sentiu devoción pola imaxe falsamente simple de “O
pequeno salvaxe” (“L'enfant sauvage”, Truffaut, 1970), para a que creou unha
luz moi suave e moi natural, exenta de divismo e de esaxeración, pero que
actuaba a un nivel moi psicolóxico, moi anímico. Esta luz foi a que admirou
Terrence Malick e que provocou a súa chamada para facer a luz de “Dias do ceo”
(“Days of Heaven”, 1978). Pero antes de asinar a impresionante fotografía desa
película, e de converterse no primeiro operador de orixe española en gañar un
Óscar, xa se converteu no puntal das rodaxes de Rohmer e Truffaut, iluminara a
última película do seu venerado Roberto Rossellini, fixera varias cun mozo e
sempre combativo Barbet Schroeder, e en xeral levara unha década dos setenta
frenética de traballo e na que o seu prestixio subiu a toda velocidade, despois
de verse obrigado a traballar case de calquera cousa para sacar adiante os seus
estudos de cinema en Nova York.
Durante
os anos oitenta, xa convertido en operador estrela polo seu traballo con
Malick, foi nomeado de novo ao Óscar por películas que iluminou para Robert
Benton, Alan J. Pakula e o frouxísima pero de luz irrepetible “O lago azul”
(“The Blue Lagoon”, Randal Kleiser, 1980), aínda que non se deixou tentar
demasiado polas ofertas que viñan de Hollywood, sabendo elixir ben os
proxectos, e regresando sempre que podía ás rodaxes de Truffaut (que morría en
1984) e de Rohmer, con quen colaboraría por última vez en 1983. A súa
complicidade con Robert Benton foi notable, ao longo de varias películas (a
última que fixo foi con el), pero máis notable foi aínda a súa colaboración con
Martin Scorsese, quen non en balde prologa o libro do que antes falabamos, e
que lle chamou para o seu maxistral “Apuntamentos do natural” (“Life Lessons”,
1989) e para varios anuncios da firma Armani, así como un curto documental
sobre o deseñador. Cumpriu, ademais, algúns soños levando a cabo documentais
sobre John Lennon e Charles Chaplin.
Reflexión
do equipo sobre a imaxe: Esta imaxe de Nestor Almendros capta un plano desolador logo da morte do
protagonista do filme no que se sitúa a escea. Un plano dunha muller, unha nena
e o seu can que transmite certa tristeza e dá sensación de frío. Un inverno
frío que o autor non puido vivir naquela época e ao que denominou “verán
indio”. Trátase dun plano aislado, sen máis, que retrata o sentimento dos tres
personaxes da fotografía poñéndoos en relación coa paisaxe na que se encontran
e máis co desexo do propio fotógrafo de poder vivir un inverno así
xénero: cinematográfico, podería ser? Contexto: a película, director de fotografía do film de Terrence Malick? http://malickencastellano.blogspot.com.es/2014/02/nestor-almendros-y-terrence-malick-en.html
ResponderEliminar