SIMONE DE BEAUVOIR
Aspecto
formal:
Autor
|
Irving Penn
|
Nacionalidade
|
EEUU
|
Procedencia da imaxe
|
Nova York
|
Xénero
|
Retrato
|
Movemento, corrente artística
|
Simplicidad
|
Data de creación
|
1957
|
Título
|
Simone de Beauvoir
|
Dimensións
|
|
Cor ou branco e negro
|
Branco e negro
|
Data de publicación
|
1984
|
Lugar de realización
|
París
|
Asunto ou asuntos
|
Retrato da escritora e filósofa francesa Simone
de Beauvoir
|
Plano/escala da imaxe
|
Primeiro plano
|
Natural ou espontánea/pose ou preparación
|
Preparación, a retratada sae posando cun
talante serio.
|
Aspecto
de contido:
Contexto
|
|
Retrato (individual ou grupo), escena, paisaxe,
etc
|
Retrato individual
|
Resumo ou descrición do contido
|
Trátase dun retrato da pensadora francesa
Simone de Beauvoir que aparece posando moi seria para o fotógrafo reclinada
nun sillón.
|
Descritores/palabras clave onomásticos
|
Irving Penn
|
Descritores xeográficos palabras clave: lugares
ou ámbito xeográfico da imaxe
|
París, Nova York, habitación, cuarto.
|
Descritores temáticos palabras clave: obxectos,
acción, actividades, situación ou conceptos relacionados coa fotografía
|
Retrato, pose, seriedade, branco, negro,
sombras, claroscuro, contraposición, exposición, luz...
|
Biografía
de Irving Penn:
Irving
Penn é un fotógrafo estadounidense nado en Nova Jersey no ano 1917 e morto en
2009 na cidade de Nova York. É coñecido principalmente pola súa contribución
fotográfica ao mundo da moda.
Cursous
estudos de deseño con Alexis Brodóvich e comezou a traballar como artista
gráfico na Philadelphia Museum School of Industrial Art. Os seus debuxos
foron publicados na revista de moda Harper's Bazaar. Durante o
transcurso da Segunda Guerra Mundial, fíxose coñecido por fotografías
glamourosas que mostraban mulleres elegantes.
Tras isto
traballou durante moitos anos facendo fotografías sobre moda para a
internacionalmente coñecida revista Vogue (publicou a súa primeira portada para
a revista con tan só vinte e seis anos)
Xa nos
anos 50, Irving Penn asentouse no mundo da fotografía, onde rivalizaba
principalmente con Richard Avenon. O que o diferenciaba del é que Penn non
estaba interesado nas tomas exteriores nin de calle, pois prefería realizar
fotos con elaboración previa no seu estudio.
Pese a
tratar a fotografía sobre moda, a súa obra non parece ter fins publicitarios,
senón máis ben mostrar ao ser humano detrás do modelo; valorando así o
individualismo do individuo, o que tamén lle serve para realzar a vestimenta
(outra técnica que apreciamos por exemplo nas series que fixo en Francia e
Inglaterra sobre artesanos, obreiros e pequenos comerciantes).
A súa
obra ten moito que ver coa tranquilidade e o repouso. Consegue unha elegancia
natural e refinamento únicos. Aprecia o empleo das liñas, a beleza das formas,
a elegancia das siluetas, o volume... en definitiva, trátase dunha obra cunha
interpretación moi personal do mundo da moda.
Reflexión:
O primeiro que se pasa pola cabeza
dunha persoa ao observar esta imaxe é a sensación de simplicidade
que mostra, pero isto non quita o gran traballo que conleva. Como xa
sabemos, Irving Penn gozaba realizando fotografías no estudo,
compoñendo a imaxe. Simone de Beauvoir sae retratada como unha
persoa seria e importante. Analizando a vida desta pensadora francesa
chegamos a conclusión de que Irving Penn foi quen de retratala da
mellor maneira posible, retratando a súa esencia.
Conclusión:
Esta foto é un exemplo perfecto do
estilo que caracterizaba ao célebre fotógrafo Irving Penn. Nela
podemos apreciar o seu típico branco e negro, a súa simplicidade, a
súa elaboración estudada milimétricamente, e a capacidade para
captar a personalidade do que retrata.
Penn (Procedencia: libro, revista, catálogo, etcétera. Corriente: simplicidad? Localización: Nova Iorq, 1957. http://www.brooklynrail.org/2008/03/artseen/penn). Seguramente a súa biografía podería ser algo máis extensa.
ResponderEliminar