PELUQUERÍA
Aspecto formal:
Autor
|
Ouka Leele (Bárbara Allende Gil de Biedma)
|
Nacionalidade
|
Española
|
Procedencia da imaxe
|
Pertence a unha serie de cadros que se atopan nun catálogo denominado Peluquería.
|
Xénero
|
Pop – arte neodadaísta
|
Movemento, corrente artística
|
Movida Madrileña
|
Data de creación
|
1978
|
Título
|
Peluquería
|
Dimensións
|
261 x 193
|
Cor ou branco e negro
|
Nun principio tratábase dunha fotografía en branco e
negro que posteriormente foi pintada con acuarelas.
|
Data de publicación
|
1979
|
Lugar de realización
|
Barcelona
|
Asunto ou asuntos
|
Mostra a liberación que se produce na Movida Madrileña en España
empregando diversos cores un tanto surrealistas
|
Plano/escala da imaxe
|
Primeiro plano dun home
|
Natural ou espontánea/pose ou
preparación
|
Preparación
|
Aspecto de contido:
Contexto
|
O contexto xeral o que remite ditas obras, así como as outras
pertencentes á mesma series realízanse nos anos 80 cando se da en España a
coñecida Movida Madrileña, un período que xorde trala caída da ditadura
franquista e que se caracteriza polo cambio e liberación ideolóxico e cultural
que reflexarán diversos artistas pertencentes a ditos anos
|
Retrato (individual ou grupo),
escena, paisaxe, etc
|
Retrato individual
|
Resumo ou descrición do contido
|
Aparece un home con varias agullas na cabeza
|
Descritores/palabras clave onomásticos
|
Home
|
Descritores xeográficos palabras
clave: lugares ou ámbito xeográfico da imaxe
|
Madrid, España
|
Descritores temáticos palabras
clave: obxectos, acción, actividades, situación ou conceptos relacionados coa
fotografía
|
Obxectos, acción, actividades, situación ou conceptos relacionados coa
fotografía: home, agullas, observar, parque
|
Biografría de Ouka Leele:
O seu nome de nacemento é Bárbara Allende Gil de Biedma, aínda que á hora de representar as súas obras emprega o nome artístico de Ouke Leele. Naceu en Madrid en 1957 onde estivo vivindo bastantes anos interesándose polo Museo do Prado e participando na coñecida Movida Madrileña que se levou a cabo en España nos anos 80. Posteriormente, realiza varias exposición por diferentes países como: Paría, Nova York ou Bos Aires, entre moitos outros, gañando varios premios ao longo da súa vida.
O seu nome de nacemento é Bárbara Allende Gil de Biedma, aínda que á hora de representar as súas obras emprega o nome artístico de Ouke Leele. Naceu en Madrid en 1957 onde estivo vivindo bastantes anos interesándose polo Museo do Prado e participando na coñecida Movida Madrileña que se levou a cabo en España nos anos 80. Posteriormente, realiza varias exposición por diferentes países como: Paría, Nova York ou Bos Aires, entre moitos outros, gañando varios premios ao longo da súa vida.
Esta artista non soamente leva a cabo a labor de
fotógrafa, senón que tamén ten coñecementos no ámbito da pintura e da poesía
destacando varios libros de poesía como
os que atopamos a continuación.
Editou o libro de Bibliofilia: Floraleza, no 2009 publicou dous libros de poesía: De la embriaguez
desnuda y Este libro arde entre mis manos. Outras libros a destacar son: La llave de
la jaula, Pan de Verbo, El cantar de los Cantares, Poesía en Carne Viva, Ouka
Leele. El nombre de una estrella e Ouka Leele inédita
Esta
artista recibíu diversos premios ao longo da súa vida, tanto no ámbito do
debuxo e da fotografía como na poesía: Premio Ícaro de artes plásticas, en 2003
recibeu o Primero Premio Nacional de Bibliofilia por El Cantar de los Cantares, no 2004 recibe o Premio de Cultura da
Comunidade de Madrid, no 2005 recibe o Premio Nacional de Fotografía, no 2010
recibe o premio Isabel Ferrer 2010, no 2011 recibeu o Premio alfa y omega polo
mellor largometraxe. Un ano despois recibe a Medalla de Prata da Comunidade de
Madrid Tamén levou a cabo unha gran
cantidade de exposicións: En 2004 realiza unha exposición sobre a súa obra Pulpo´s Boulevard, en 2010 leva a cabo a
exposición Santa Bárbara Bendita baseada en torno á figura de Santa Bárbara.
Posteriormente leva a cabo a súa seguinte exposición: Mi circo, máis tarde leva a cabo a exposición: Mística luz en el silencio, no 2012 expón: Del futuro al pasado, El Museo del Prado visto por los artistas
españoles contemporáneos. Tamén participou na exposición A donde la luz me lleve en el Centro del
Conde Duque. En sí, trástase dunha das figuras máis
importantes da Movida Madrileña no referido á fotografía, empregando cores e
figuras propias desta. Para rematar, unha cita de propia fotógrafa onde define
ao seu xeito o que para ela supón este tipo de arte: «Facer unha fotografía é
unha festa; pintala é un traballo de monxe cisterciense»
Conclusión: Trátase dunha imaxe un tanto punzante, mostrando
unha situación que non se vería na realidade (normalmente) con cores vivos que
chaman a atención dos que a observen. Unha obra que pode gustar a todo aquel
interesado nos anos 80 en España (Madrid) que reflexa perfectamente os ideas
que destacaban naquela etapa.
Reflexión do
equipo sobre a imaxe: En xeral parécenos unha fotografía que representa fielmente a Movida
Madrileña, resultando un tanto excéntrico ao aparecer o home con agullas na
cabeza, mostrando unha gran creatividade e ao mesmo tempo, mostrando un chisco
de ilóxica.
a cabeza do home corresponde ao artista Ceesepe, 1979.
ResponderEliminar