PUNKS, GATESHEAD, TYNESIDE, 1985
Aspecto formal:
Autor
|
Chris Killip
|
Nacionalidade
|
Inglesa
|
Procedencia da imaxe
|
In Flagrante (Secker & Warburg,1988)
|
Xénero
|
Fotografía social/documental
|
Movemento, corrente artística
|
Realismo
Social Británico
|
Data de creación
|
1985
|
Título
|
Punks, Gateshead, Tyneside, 1985
|
Dimensións
|
Gelatin Silver Print, Image: 30 x 34 cm / Paper: 40 x 50 cm
|
Cor ou branco e negro
|
Branco e negro
|
Data de publicación
|
1985
|
Lugar de realización
|
Tyneside (Inglaterra)
|
Asunto ou asuntos
|
Un grupo de punks reunidos para un concerto
|
Plano/escala da imaxe
|
Plano xeral
|
Natural ou espontánea/pose ou preparación
|
Natural
|
Aspecto
de contido:
Contexto
|
Entre
1979 e 1990 (Política de terra queimada de Margaret Thatcher) no Reino Unido,
época de transformación industrial devastadora.
|
Retrato (individual ou grupo), escena, paisaxe,
etc
|
Retrato en grupo
|
Resumo ou descrición do contido
|
En plenos oitenta, representase unha
manifestación de contracultura a través da música e o estilo punk.
|
Descritores/palabras clave onomásticos
|
Homes
|
Descritores xeográficos palabras clave: lugares
ou ámbito xeográfico da imaxe
|
Reino Unido, Tyneside, concerto
|
Descritores temáticos palabras clave: obxectos,
acción, actividades, situación ou conceptos relacionados coa fotografía
|
Crestas, pinchos, candados, colgantes
|
Biografía
de Chris Killip
Chris Killip é un fotógrafo do Reino Unido,
nado o 11 de xulio de 1946 en Douglas, Isla de Man. É coñecido por realizar
unha fotografía dura e social localizada principalmente nos espazos visuais
máis importantes da propia Inglaterra durante os anos 80. É un dos fotógrafos
documentalistas máis importantes do momento xunto a Martin Parr, Tom Wood ou
Paul Graham. A súa magnífica obra está recollida en sete libros de fotografía
dos cales destacan The Isle of Man e In Flagrante, caracterizados por mostrar
unha mirada curiosa e comprometida e obsesionada por retratar aos “invisibles”
da sociedade británica, aqueles que o sistema esquece. Retratou a Inglaterra
industrial, zonas rurais e os pueblos pequenos con modestas vivendas e
astilleiros. Centrouse nos lugares de veraneo máis populare e accesibles para
as clases traballadoras, retratos de manifestacións, folgas e crítica a
reconversión da era Tatcher, a emerxencia do Punk, os desvelos da dos
traballadores na fábrica de neumáticos Pirelli… A súa foi máis aceptada fora
que na propia Inglaterra. Chegaría a España durante un tempo a través do museo
Reina sofia e tivo un éxito excepcional en Alemaña. Dende 1991 Killip é
profesor de fotografía na Universidade de Harvard. As súas fotos figuran en
coleccións permanentes de prestixiosos museos como o MoMA de NY, o Fine Arts
Museum, de San Francisco; o Museum
Folkwang, de Essen; o Stedelijk,
de Amsterdam; o Victoria and Albert,
de Londres.
Conclusión: É unha fotografía que desvela destacablemente a moda de contracultura nun sector rebelde coma é o punk durante os anos 80. Non só e valorable pola crítica implícita que leva consigo, senón porque tamén favorece á memoria histórica.
Reflexión do
equipo sobre a imaxe: Sen dúbida ten un gran valor, coma moitas fotografías de temáticas e xéneros semellantes, pois poñen ao descuberto os sectores máis esquecidos da sociedade a modo de denuncia.
Descriptor xeográfico: concerto, non. Concerto iria en descriptor temático. e Serían jóvenes.
ResponderEliminar