AUDREY HEPBURN, PARIS 1966
Aspecto formal:
Autor
|
Terry O'Neill
|
Nacionalidade
|
Inglesa
|
Procedencia da imaxe
|
Galerías
nacionais e coleccións de todo o mundo
|
Xénero
|
Retrato Fotográfico
|
Movemento, corrente artística
|
Fotografía
Contemporánea
|
Data de creación
|
1966
|
Título
|
Audrey Hepburn, París 1966
|
Dimensións
|
20 x 16 in. (50.8 x 40.6 cm.)
|
Cor ou branco e negro
|
Branco e negro
|
Data de publicación
|
1966
|
Lugar de realización
|
París
|
Asunto ou asuntos
|
Móstranos a Audrey Hepburn durante a rodaxe de “How to Steal a
Million”
|
Plano/escala da imaxe
|
Plano medio
|
Natural ou espontánea/pose ou
preparación
|
Natural
|
Aspecto de contenido:
Contexto
|
Swinging Sixties, unha época de efervescencia creativa que
siguiu á austeridade da posguerra.
|
Retrato (individual ou grupo),
escena, paisaxe, etc
|
Retrato Individual
|
Resumo ou descrición do contido
|
Móstrasenos a Audrey Hepburn nunha situación totalmente natural
mentres se colocaba as gafas de sol
|
Descritores/palabras clave onomásticos
|
Muller, actriz
|
Descritores xeográficos palabras
clave: lugares ou ámbito xeográfico da imaxe
|
París, Francia, plató cinematográfico
|
Descritores temáticos palabras
clave: obxectos, acción, actividades, situación ou conceptos relacionados coa
fotografía
|
Sombreiro, gafas de sol, guantes, descanso
|
Biografría de
Terry O´Neill
Terence
Patrick O'Neill, é un fotógrafo inglés que naceu en 1938. Foi apodado coma o “fotógrafo
de lendas” por haber fotografiado durante os últimos cincuenta anos aos rostros
máis coñecidos da cultura contemporánea. A súa carreira comezaría no
departamento de fotografía de British Airways no aeropuerto de Heathrow en
Londres, onde retrataba viaxeiros que chegaban ao país. Posteriormente empezou
a traballar para o periódico Daily Sketch
e o seu primeiro encargo foi Lawrence Olivier. En pleno Londres do swinging da década dos anos 60
consolidaría a súa carreira xunto a outros fotógrafos como Terence Donovan o
David Bailey. Tomou a primeira fotografía dos Beatles para Daily Sketch, mentres traballaban no seu primeiro disco, fotografía
que o levaría a ter un éxito sen precedentes. A partir de entonces sucederonlle
fotografías das emerxentes bandas de rock e pop da Londres dos sesenta: Rolling
Stones, David Bowie, Elton John etc.
Cando tiña vinteseis anos decidiu ir a Hollywood para retratar as
grandes estrelas coa axuda de Michael Caine e Richard Burton. A partir de ahí
adentraríase no mundo do cine: Clint Eastwood, Paul Newman, Groucho Marx, Ava
Gardner, Audrey Hepburn, Steve McQeeen etc. Tamén fotografiou supermodelos coma
Jean Shrimpton, a Frank Sinatra durante trinta anos, Bruce Sprinsteen, Amy Winehouse…
O seu estilo caracterizase por ser natural, directo e informal, ademáis de usar
unha cámara de 35mm, toda unha novidade na época. Fotografíaba estrelas que él
admiraba e posuían unha personalidade e un carisma excepcionais. Publicou ao
largo da súa carreira en Time, Stern,
Paris Match, The Sunday Times Magazine, Vanity Fair e outras. Actualmente o
seu traballo exhibese en galerías nacionais e coleccións privadas.
Conclusión: É destacabel a
naturalidade da situación e a calidade de estar no momento exacto, non só pola
foto en cuestión, senón por un contexto onde un mirara donde mirara, atoparía
cultura e arte en completa expansión e liberación, algo digno de ser
inmortalizado, tanto físicamente, coma artísticamente nun gran vagaxe de
influencias que chegan ata os nosos días.
Reflexión do
equipo sobre a imaxe: É unha fotografía que nos acerca un pouco
máis a unha estrela de cine coma é Audrey Hepburn, pois a intención natural e
directa da propia imaxe, rompe certas barreiras entre a fama e o mundo
convencional.
onomáticos>: Audrey Hepburn.
ResponderEliminarNon plató, non se ve na imaxe.
Esta nota para todas as fotografías:
ResponderEliminarPara o xénero e corriente/movimento estilístico habería que ver estudos feitos sobre o seu traballo de especialistas que faciliten pistas para situalos, máis ou menos, nunha escola.