“MARIÑEIROS”
Aspecto
formal:
Autor
|
José Suárez
|
Nacionalidade
|
Española
|
Procedencia da imaxe
|
Rías Baixas, Bueu
|
Xénero
|
Cotiá
|
Movemento, corrente
artística
|
É un autor humanista e costumbrista
|
Data de creación
|
1936
|
Título
|
“Mariñeiros”
|
Dimensións
|
316 × 438
|
Cor ou branco e negro
|
Branco e negro
|
Data de publicación
|
1936
|
Lugar de realización
|
Bueu
|
Asunto ou asuntos
|
vida mariñeira
|
Plano/escala da imaxe
|
plano xeral
|
Natural ou espontánea/pose
ou preparación
|
espontánea
|
Aspecto
de contido:
Contexto
|
Esta fotografía retrata a vida dun mariñeiro durante a Guerra Civil nas
Rías Baixas
|
Retrato (individual ou
grupo), escena, paisaxe, etc
|
Trátase dun retrato individual dun home situado nunha barca mirando ao
lonxe
|
Resumo ou descrición do
contido
|
Na fotografía observamos un plano xeral case medio dun mariñeiro que
mira ao lonxe, a fotografía está en branco e negro e sitúanos en tempos da
Guerra Civil Española nas Rías Baixas. O fototógrafo mostra a súa pasión polo
blanco das nubes e por retratar a dura vida dos mariñeiros, dos pescadores...
|
Descritores/palabras clave
onomásticos
|
Na foto vemos a un mariñeiro de pé mirando ao lonxe nunha barca e un ceo
claro con algunhas nubes.
|
Descritores xeográficos
palabras clave: lugares ou ámbito xeográfico da imaxe
|
Poderíamos dicir que a foto se fixo en Bueu, lugar de nacemento do autor
e lugar no cal tenta plasmar sobre todo
a vida cotiá dos mariñeiros e traballadores en relación coa tradición e faena
mariñeira. A mariña, e os hórreos son os elementos xeográficos e da cultura do
lugar que máis destacan nas súas fotografías.
|
Descritores temáticos
palabras clave: obxectos, acción, actividades, situación ou conceptos
relacionados coa fotografía
|
Esta fotografía mostra a un mariñeiro nunha barca, dito mariñeiro leva
unha vestimenta típica do seu oficio, mira ao lonxe e está subido nunha barca.
O autor busca trasmitir como era a vida destas persoas que traballaban e
loitaban nun día a día marcado pola Guerra Civil e a emigración que naquela
época sufría Galicia.
|
Biografría
de José Suárez
José Suárez, nado en Allariz en 1902 e finado na
Guarda en xaneiro de en 1974, foi un fotógrafo galego. Pode relacionarse coa
fotografía humanista, co ser humano e o seu contorno como tema central a través
da súa visión persoal. Con todo, algúns autores inclúen a súa obra na Nova
Obxectividade.
Aos
19 anos, mentres estudaba Dereito en Salamanca, comezou a colaborar na revista
“Vida Gallega”. Por entón tamén realizou curtametraxes cinematográficas. En
1932 publicou o libro “50 fotos de Salamanca”, con prólogo de Miguel de
Unamuno.
Fixo
reportaxes sobre actividades profesionais , como oleiros, telleiros, segadores,
mariñeiros e romeiros. En 1935 comezou a rodar o documental “Mariñeiros” na
Comarca do Morrazo, pero non chegou a rematalo por mor da Guerra Civil. A
finais de 1936 emigrou a Bos Aires e comeza a traballar como fotoxornalista en
“La Prensa”.
Marchou
a Xapón onde tivo forte influencia e tralo seu regreso a América en 1956 deu a
coñecer o teatro Nós a través de conferencias, traducións e a exposición a
“Vislumbre de Japón”
En
1959 regresou a España, mais atopou dificultades para dar a coñecer o seu
traballo. En 1965 publicou un libro sobre La Mancha baseado nunha serie
fotográfica en branco e negro que foi moi valorada. En 1966 publicou no Reino
Unido un libro sobre a tauromaquía.
En
1982 publicouse o libro póstumo: “Galicia:
terra, mar e xentes”, con 161 fotografías
Reflexión
do equipo sobre a imaxe: Esta imaxe de Xosé Suárez móstranos a un mariñeiro montado na súa barca. A
foto está en branco e negro xa que foi tomada en 1936 no comezo da Guerra
Civil. A situación de Galicia naquela época era de pobreza e miseria, o
sufrimento de que moitas familias nunca volveron ver os seus familiares pola
emigración en busca dunha vida mellor era unha estampa común e o esforzo e
traballo de moitos convertíanse nunha meta de supervivencia. A pose e mirada
hacia o lonxe do mariñeiro da foto fainos pensar un pouco sobre esa situación
de melancolía, tristeza e pena da súa terra. Unha mirada ao lonxe que evoca esa
necesidade de ter que fuxir a outra terra que suporía unha mellor vida como se
do paraíso se tratase.
xénero, cotiá? non sei ben que significa¡
ResponderEliminar